Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Máster en Abogacía

O Mestrado Interuniversitario en Lingüística Aplicada é un título oficial ofrecido polas tres universidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo).

O mestrado constitúe unha reorganización e transformación de catro títulos: o Mestrado Interuniversitario en Lingüística Galega (Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña), o Mestrado Universitario en Estudos Lingüísticos (Universidade de Santiago de Compostela), o Mestrado Interuniversitario en Lingüística e as súas Aplicacións (Universidade de Vigo e Universidade da Coruña) e o Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais (Universidade da Coruña). Destes catro mestrados, os tres primeiros, de orientación investigadora, proveñen da reconversión doutros tantos programas de doutoramento que recibiron a Mención de Calidade do Ministerio.

Este mestrado é, por tanto, unha proposta que implica ás tres Universidades do Sistema Universitario de Galicia, a través das Facultades de Filoloxía da Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, e da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. As experiencias previas de colaboración interuniversitaria tanto en mestrado como en doutoramento resultaron plenamente satisfactorias, polo que o proceso de reorganización que supón este mestrado ofrece importantes garantías.

Calendario de Actividades

Setembro 2019
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6

Matrícula 2018-2019